sábado, 25 de abril de 2009

Talleres de costura creativa e reciclaxe.

Talleres a difundir. Para recibir información o contratar esta actividade chamar o tf: 
620 065 558 
ou escribir email a : 
poeticasurbanas@hotmail.com
centrocreacionsartisticas@gmail.com

Estes talleres  foron organizados para a programación  de NOITESNOVAS do Concello da Coruña .



Agora que vivimos nun momento de reflexión para facer da sociedade e do mundo un proxecto sostible, a creatividade unida á reciclaxe son ferramentas moi importantes para conseguir ese obxetivo. A costura creativa repara, reconstrue, recicla os tecidos que tiñamos pensado tirar o lixo. Deste xeito, además de darlle vida nova as prendas o taller danos a oportunidade de re-construir a nosa propia individualidade ou identidade confeccionando os nosos deseños.

CONTIDO DO TALLER:
-Introducción breve o concepto de moda e  pensamento de reciclaxe como forma de expresión artística.
-Influencia da arte contempóranea para a creación de prendas.  Tratar temas como a globalización, o xénero, a desigualdade, o espazo urbano,...
-Aprender a utilizar a tea como se fose un linzo en branco onde podemos expresarnos con libertade e autonomía.
-Traballar as diferentes técnicas básicas de costura: cortar, coser así como a utilización dunha máquina de coser.

OBXETIVOS:
-Reflexionar, experimentar, transformar, reparar e crear prendas.
-Fomentar a creatividade dos participantes e a súa autonomía nun mundo cada vez máis globalizado e consumista.
-Traballar a individualidade e orixinalidade de cada un confeccionando as nosas prendas únicas.
-Introducir aos alumnos nunha linguaxe artística contempóranea.
-Desarrollar o traballo en equipo  compartindo materiais e ideas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario