viernes, 20 de noviembre de 2009
jueves, 15 de octubre de 2009
sábado, 25 de abril de 2009
Reflexión
Intentamos desenvolver novos espazos creativos para elaborar ideas e poder construir novos deseños a partir de roupa ou tecidos que xa dispoñemos. É unha forma de avanzar cara a unha cultura de reciclaxe ao mesmo tempo que desenvolvemos a nosa creatividade nun ambiente compartido.
A moda como podemos ver é algo efímero e sen sentido. Por iso queremos ofrecer unha nova ferramenta construtiva lonxe do consumo baleiro e irracional.
Construimos a nosa identidade áo marxe dos dictámenes das grandes industrias téxtis.
Esta actividade pódese integrar dentro da corrente "Slow". Unha tendencia europea que promove unha vida mais lenta, anti- consumo e con calidade de vida.
Talleres de costura creativa e reciclaxe.
Talleres a difundir. Para recibir información o contratar esta actividade chamar o tf:
620 065 558
ou escribir email a :
poeticasurbanas@hotmail.com
centrocreacionsartisticas@gmail.com
Estes talleres foron organizados para a programación de NOITESNOVAS do Concello da Coruña .
Agora que vivimos nun momento de reflexión para facer da sociedade e do mundo un proxecto sostible, a creatividade unida á reciclaxe son ferramentas moi importantes para conseguir ese obxetivo. A costura creativa repara, reconstrue, recicla os tecidos que tiñamos pensado tirar o lixo. Deste xeito, además de darlle vida nova as prendas o taller danos a oportunidade de re-construir a nosa propia individualidade ou identidade confeccionando os nosos deseños.
CONTIDO DO TALLER:
-Introducción breve o concepto de moda e pensamento de reciclaxe como forma de expresión artística.
-Influencia da arte contempóranea para a creación de prendas. Tratar temas como a globalización, o xénero, a desigualdade, o espazo urbano,...
-Aprender a utilizar a tea como se fose un linzo en branco onde podemos expresarnos con libertade e autonomía.
-Traballar as diferentes técnicas básicas de costura: cortar, coser así como a utilización dunha máquina de coser.
OBXETIVOS:
-Reflexionar, experimentar, transformar, reparar e crear prendas.
-Fomentar a creatividade dos participantes e a súa autonomía nun mundo cada vez máis globalizado e consumista.
-Traballar a individualidade e orixinalidade de cada un confeccionando as nosas prendas únicas.
-Introducir aos alumnos nunha linguaxe artística contempóranea.
-Desarrollar o traballo en equipo compartindo materiais e ideas.
Falda obrera
Suscribirse a:
Entradas (Atom)