sábado, 25 de abril de 2009

Reflexión

Intentamos desenvolver novos espazos creativos para elaborar ideas e poder construir novos deseños a partir de roupa ou tecidos que xa dispoñemos. É unha forma de avanzar cara a unha cultura de reciclaxe ao mesmo tempo que desenvolvemos a nosa creatividade nun ambiente compartido. 

A moda como podemos ver é algo efímero e sen sentido. Por iso queremos ofrecer unha nova ferramenta construtiva lonxe do consumo baleiro e irracional.

Construimos a nosa identidade áo marxe dos dictámenes das grandes industrias téxtis.

Esta actividade pódese integrar dentro da corrente "Slow". Unha tendencia europea que promove unha vida mais lenta, anti- consumo e  con calidade de vida.



Exposición de Costura Creativa no Centro Creacións Artísticas en Viveiro. Decembro 2008.






CutandPaste, Paula Dimé, Rocio Vazquez, iloveyoumoito

Reciclaxe conceptual "Coxíns de meditación". Exposición no festival de arte e reciclaxe "Drap'art". CCB, Barcelona 2008.



Coxíns conceptuais feitos con plástico e noticias de periódicos. 









Talleres de costura creativa e reciclaxe.

Talleres a difundir. Para recibir información o contratar esta actividade chamar o tf: 
620 065 558 
ou escribir email a : 
poeticasurbanas@hotmail.com
centrocreacionsartisticas@gmail.com

Estes talleres  foron organizados para a programación  de NOITESNOVAS do Concello da Coruña .



Agora que vivimos nun momento de reflexión para facer da sociedade e do mundo un proxecto sostible, a creatividade unida á reciclaxe son ferramentas moi importantes para conseguir ese obxetivo. A costura creativa repara, reconstrue, recicla os tecidos que tiñamos pensado tirar o lixo. Deste xeito, además de darlle vida nova as prendas o taller danos a oportunidade de re-construir a nosa propia individualidade ou identidade confeccionando os nosos deseños.

CONTIDO DO TALLER:
-Introducción breve o concepto de moda e  pensamento de reciclaxe como forma de expresión artística.
-Influencia da arte contempóranea para a creación de prendas.  Tratar temas como a globalización, o xénero, a desigualdade, o espazo urbano,...
-Aprender a utilizar a tea como se fose un linzo en branco onde podemos expresarnos con libertade e autonomía.
-Traballar as diferentes técnicas básicas de costura: cortar, coser así como a utilización dunha máquina de coser.

OBXETIVOS:
-Reflexionar, experimentar, transformar, reparar e crear prendas.
-Fomentar a creatividade dos participantes e a súa autonomía nun mundo cada vez máis globalizado e consumista.
-Traballar a individualidade e orixinalidade de cada un confeccionando as nosas prendas únicas.
-Introducir aos alumnos nunha linguaxe artística contempóranea.
-Desarrollar o traballo en equipo  compartindo materiais e ideas.

Falda obrera

Diseñada para una mujer pero inspirado en la iconología de los trabajadores de la  construcción. Las ciudades han sido construida por una mirada masculina. Con esta falda simbolizamos una nueva dimensión.

Gravatas para mulleres. Corbatas para mujeres.